Interreg Logo
Ponte Tui Valença

O 'Journal of Borderland Studies' analiza o impacto económico do peche da fronteira do Miño durante a pandemia

O Journal of Borderland Studies, publicación científica de referencia internacional, especializada nos estudios en áreas transfronteirizas, recolle un artigo sobre o impacto económico do peche da fronteira do Miño durante a pandemia, dentro dun monográfico mundial sobre o efectos das decisións políticas durante a pandemia nas lindes dos Estados.

 

O traballo, titulado The Economic Impact of Closing the Boundaries: The Lower Minho Valley Cross-Border Region in Times of Covid-19, está asinado por catro profesores, dous xeógrafos da Universidade de Santiago de Compostela, Valerià Paül e Juan Manuel Trillo, e dous economistas da Universidade de Vigo, Carlos Fernández-Jardón e Xavier M. Cobas.

 

No estudo, documéntase a situación creada co peche da fronteira, e cuantifícase economicamente o efecto derivado de pechar os pasos do Miño. Os efectos económicos producíronse fundamentalmente nas áreas de hostalaría e restauración e do comercio, e foron máis intensos nos concellos lindeiros co propio río Miño.