Interreg Logo

Obxectivos

Os obxectivos son tres:

- Ser unha base de datos estatística sobre o territorio do AECT Rio Minho.

A intención é a de recoller toda a información dispoñible sobre o territorio de fontes fiables, así como a estimación ou cálculo doutra información exclusiva, na que o ODT sería a fonte.

A unidade fundamental de información, dentro do AECT, será o concello, ofrecendo os indicadores para os 26 concellos da AECT Rio Minho.

- Ser un centro documental on-line.

O ODT contará cunha función de carácter documental. Neste senso, ademais do sistema de información da base de datos descrita no apartado anterior, terá documentos de interese sobre o territorio, dispoñibles para descarga ou enlazados ás fontes, e os datos de contacto de organismos públicos e outros de interese entidades privadas de interese para o coñecemento do territorio.

- Ser centro promotor de estudos e de investigación.

 

 

O ODT, ademais das funcións anteriores, terá capacidade para xerar e divulgar información inédita sobre o territorio da AECT Rio Minho, a través da publicación de:

- Estimacións de variables relevantes para o territorio.

- Boletín trimestral.

- Informes periódicos de información e análise territorial.