Interreg Logo
Aeb Rmap2011finalversion

A Asociación de Rexións Transfronteirizas Europeas coñece o traballo do ODT do Río Miño

O pasado día 5 de decembro, presentouse en Berlín o Observatorio das Dinámicas Transfronteirizas do Río Miño ao presidente da Asociación de Rexións Transfronteirizas Europeas (ARFE), Martín Guillermo Ramírez.

 

Nesta xuntanza comentáronse as principais experiencias na Unión Europea e tratouse do papel dos observatorios en ámbito transfronteirizo. Salientouse a necesidade de información homoxénea nos territorios de contacto entre países, para o mellor coñecemento da realidade socioeconómica en temas concretos, como por exemplo o número e situación das traballadoras e traballadores transfronteirizos.

 

A ARFE presentou tamén o seu programa ‘B Solutions Project’, encamiñado a detectar e suprimir as barreiras administrativas para a vida das persoas en territorios de fronteira na Unión Europea.

 

Tratáronse tamén algunhas experiencias de cooperación entre a Unión Europea e Iberoamérica no ámbito da información e dos observatorios, seguindo a colaboración que o AECT Rio Minho mantén coa ARFE, en particular con Iberoamérica, como pon de manifesto o recente seminario en Valença coa representación do Comité para o Desenvolvemento da Conca do Río Uruguai.