Informe de recursos endóxenos
8/5/2022O desenvolvemento dun territorio depende en grande medida dos seus recursos endóxenos. Coñecer os recursos existentes no territorio é a base para poder aproveitalos como fonte de vantaxe competitiva e como factor de desenvolvemento sostible do territorio. Por este motivo, neste traballo presentamos un breve percorrido polos principais recursos endóxenos presentes na área do AECT Río Miño, tendo en conta o conxunto de concellos de Galicia e Portugal que lindan no Val do Miño.