Informe xeral Observatorio das Dinámicas Transfronteirizas
7/11/2022Este informe presenta a evolución nos últimos anos e a situación actual do conxunto do territorio do AECT Rio Miño (AECT, a partir de agora), posto tamén en comparación á súa contorna en Galicia e Portugal. O informe é parte do traballo desenvolvido para a creación do Observatorio das Dinámicas Transfronteirizas (ODT) do Río Miño, e está construído sobre a elaboración e análise dos indicadores a escala dos concellos que conforman o AECT.